Sobre nós

Rompiénte Clothing nace como un proxecto educativo e emprendedor impulsado por Luís, co apoio do profesor Fernando de Castro e Francisco Alvite. Tras unha experiencia formativa centrada na creación dunha marca, decídese profesionalizar a iniciativa co obxectivo de converter Rompiénte nun referente galego e poñer Porto do Son no mapa cultural e téxtil.

Para conseguilo, apostouse pola mellora do deseño e da fabricación dos produtos, incorporando tecnoloxía e talento creativo, así como pola creación dunha tenda en liña accesible para todos os públicos.

O proxecto complétase coa formación dun equipo de riders de disciplinas como o surf, bodyboard, BMX ou descenso urbano, que representan os valores da marca e actúan como embaixadores do seu estilo de vida.

Ademais, Rompiénte impulsa unha plataforma para dar visibilidade ao talento da cultura urbana no rural, creando espazos onde a mocidade poida mostrar as súas habilidades e desenvolver o seu potencial creativo.

Máis que unha marca de roupa, Rompiénte Clothing representa unha forma de entender a vida baseada na creatividade, a diversidade, a paixón polo deporte e o compromiso coa comunidade e co talento emerxente.

Product added to wishlist
Product added to compare.